Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Instituto Xeográfico Nacional cede a Lugo os mapas da mostra "Lugo. 100 anos de cartografía"


# Martes, 08/02/2011
Mañá, mércores 9 de febreiro, será o último día para disfrutar da mostra no Centro Maruja Mallo

Os mapas cartográficos serán reubicados proximamente

Unhas 2.000 persoas visitaron o Maruja Mallo e disfrutaron desta exposición cartográfica de Lugo cedida á cidade polo IGN


Con motivo da conmemoración do Décimo Aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial, e dentro do programa conmemorativo Lugo10, o Instituto Xeográfico Nacional achegou ata Lugo, no pasado mes de decembro, a mostra cartográfica “Lugo. 100 anos de cartografía”.

Mañá será última oportunidade de coñecer esta mostra no Centro Maruja Mallo. Sen embargo, non será esta a derradeira oportunidade de contemplala xa que o IGN cedeu a Lugo os mapas que conforman esta exposición, e que serán reubicados proximamente.

Durante este tempo, unhas dúas mil persoas se achegaron ata o Centro de Convivencia Maruja Mallo, e disfrutaron desta mostra cedida agora a cidade de Lugo polo Instituto Xeográfico Nacional.

A exposición, que proximamente será reubicada, percorre a historia sobre a provincia e a cidade de Lugo durante un século a través da cartografía oficial. A mostra conta con diversas imaxes aéreas e de satélite e cos mapas coas distintas escalas que compoñen a cartografía básica nacional e tamén se mostran todas as edicións existentes no fondo do IGN.

A cidade de Lugo e o seu entorno queda centrada no mapa, dando especial importancia á Muralla, usándose unha escala de 1:50.000 co que se ofrece un maior detalle do casco histórico e especialmente da Muralla. Este mapa é a última edición realizada polo IGN, realizada especialmente con motivo do programa conmemorativo Lugo10.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova