Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello vai mellorar a accesibilidade do número 27 do Sagrado Corazón


# Martes, 08/02/2011
O Concelleiro de Infraestruturas presentou este proxecto e anunciou que está practicamente rematado o dos ascensores

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentou hoxe o proxecto para facer accesible o edificio número 27 do Sagrado Corazón, atendendo unha demanda plantexada polos veciños nunha visita que efectuaron á zona o Alcalde, José López Orozco, e o propio Concelleiro a finais do mes de decembro.

Piñeiro explicou que o proxecto de eliminación das barreiras arquitectónicas para darlle acceso ó edificio consistirá na creación dunha rampa accesible, desde a parte alta do polígono para aproveitar o desnivel existente e suavizar así o acceso ó edificio.

O Concelleiro de Infraestruturas cifrou o investimento necesario para executar o proxecto en 8.500 euros e anunciou que a obra contratarase en breve, tan pronto estean dispoñibles as partidas do Presuposto municipal de 2011.

José Piñeiro salientou tamén que este proxecto “está englobado no Plan de accesibilidade do polígono do Sagrado Corazón que inclúe a instalación dos ascensores de Carlos Azcárraga e a rúa Fontaneira, un proxecto que está practicamente rematado”.

Sinalou ademais Piñeiro que con estas actuacións “continúa o importante esforzo que leva feito o Concello no barrio do Sagrado Corazón, no que se renovaron rúas e servizos e grazas á declaración como Area de Rehabilitación Integral fíxose unha importante rehabilitación nas vivendas”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova