Imprimir

CONCELLO E ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS PREPARAN UN "ENTROIDO LARPEIRO"


8/2/2011 A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e a Asociación de Hostaleiros de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza na que acordaron potenciar a gastronomía durante o entroido.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, mantivo esta tarde unha xuntanza, na Casa Consistorial, coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, presidida por Cheché Real.

O obxectivo, potenciar e promover a gastronomía durante as datas do entroido. Así, os hostaleiros acordaron ofrecer durante estas festas produtos típicos do entroido así como a elaboración de menús e tapas típicas destas datas. Estas accións serán recollidas baixo o lema: “Entroido Larpeiro”.

Os establecementos interesados en colaborar nesta iniciativa poderán inscribirse na Asociación de Hostaleiros da Provincia de Lugo ata o vindeiro xoves día 17 de febreiro.
Todos os participantes serán incluídos nun listado que figurará nos carteis de entroido que o Concello distribuirá para a súa promoción dende a Concellería de Cultura.