Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurada a pasarela peonil sobre o río Miño que construíu a Confederación Hidrográfica


# Mércores, 09/02/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu hoxe ó acto inaugural da pasarela peonil sobre o río Miño, nun acto no que tamén participaron o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o Subdelegado do Goberno en Galicia, José Vázquez Portomeñe, e o Xefe Territorial de Medio Ambiente da Xunta, José María López Vega.

O Alcalde amosou a súa satisfacción pola apertura desta ponte peonil. “Xa temos esta magnífica obra que serve para unir máis os veciños de San Lázaro e A Ponte”. Tamén indicou que “fixemos un gran esforzo para amañar os aparcamentos do Club Deportivo Lugo para que os usuarios do Club Fluvial teñan un lugar no que aparcar e evitar, así problemas en Fermín Rivera”.

Ademais o Alcalde manifestou que “toca disfrutar do que temos pero sen esquecer que sempre hai que facer algo máis porque a cidade non se acaba nunca, sempre aparecen novas necesidades”.

A nova pasarela peonil, construída pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil supuxo un investimento de 4,76 millóns de euros e esta actuación, ademais de conectar as dúas beiras do río, tamén permitiu completar unha rede de sendeiros de case 9 quilómetros polas marxes dos ríos Fervedoira, Miño e Rato.

A pasarela, construída nas inmediacións do barrio de San Lázaro, tivo un presuposto de 1,5 millóns de euros e caracterízase polo seu peculiar deseño e dimensionamento. A nova infraestrutura mide 109 metros de longo e 3,40 metros de ancho.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova