Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Recepción na Casa do Concello ao atleta Maxi Rodríguez


# Xoves, 10/02/2011
O deportista ven de acadar o bronce en 200 metros lisos e relevo 4x100 no Campionato do Mundo IPC que se celebrou en Nova Zelanda

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, presidiu esta mañá a recepción que o Concello de Lugo ofreceu ao atleta Maxi Rodríguez Magi.

Maxi Rodríguez, que representou a España no Campionato do Mundo disputado en Nova Zelanda, conseguiu o bronce nas modalidades de 200 metros lisos e relevo 4x100.

Trátase, segundo destacou José Rábade, dun dos deportistas lucenses con maior proxección internacional, un exemplo de traballo e esforzo que foi recoñecido hoxe polo Concello de Lugo.

O Voceiro do equipo de Goberno fixo entrega ao deportista dunha medalla de Sargadelos co emblema da Muralla Romana de Lugo.

Campionato do Mundo IPC (Internacional Paralimpic Champion)

Entre o 22 e o 30 de xaneiro, as grandes figuras do atletismo parolímpico déronse cita na cidade de Christchurch (Nova Zelanda) para disputar o Campionato do Mundo IPC, a máxima competición para persoas con discapacidade tras os Xogos Parolímpicos.

A delegación nacional, formada por 32 deportistas, contou, entre outros, con cinco deportistas que se repartiron sete medallas durante os Xogos Parolímpicos de Pekín 2008.

En total, participaron 1.055 atletas de 79 países que disputarán as probas de velocidade (100, 200 e 4x100 metros), fondo (5.000, 10.000 metros e maratón), saltos (lonxitude, altura e tripe salto), lanzamentos (peso, disco, xabalina e club) e pentatlón.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova