Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello habilitará unha zona para aparcar de balde no Hospital


# Xoves, 10/02/2011
O Concelleiro de Tráfico anunciou que o aparcamento gratuíto na zona do HULA é un compromiso irrenunciable do Equipo de Goberno

Imaxe Asociada
O proxecto está seguindo o procedemento que indicou Cultura tras a aparición na finca dunha mámoa

O Voceiro do equipo de goberno e Concelleiro de Tráfico, José Rábade, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Concello de Lugo terá habilitada nuns meses a zona para aparcar de balde no Hospital e acabar así coa saturación que hai agora, unha situación que segundo destacou “é atribuíble á improvisación do Sergas”.

“A creación dun aparcamento gratuíto na zona do HULA é un compromiso irrenunciable do Equipo de Goberno”, sinalou Rábade, quen explicou que o proxecto para acondicionalo está seguindo o procedemento que indicou Cultura. “Sabedes que ó parecer na finca hai unha mámoa e estamos sendo moi respectuosos no tema arqueolóxico, o que obriga a facer o traballo en varias etapas”, sinalou o Concelleiro.

Ademais do xacemento arqueolóxico, explicou José Rábade, a parcela ten moitas irregularidades e socavóns que deben taparse, e segundo salientou, Cultura non dá unha autorización xenérica para facer eses traballos de movemento de terras polo será necesario identificar onde hai que facer os recheos. Para elo, anunciou, será necesario alugar unha máquina máis potente das que dispón o Concello.

Está previsto que para a vindeira semana comecen os traballos de desbroce. Os prazos, sinalou Rábade, dependerán de se pode acondicionar o aparcamento sen facer recheos, así, destacou, sería máis simple ter a autorización de Cultura.

A parcela ten unha extensión de 25.000 metros cadrados. O número de prazas está aínda por determinar, contando cun mínimo de 400-500 e ata unhas 1.000 prazas de aparcamento. O Concelleiro explicou que aínda será necesario ver onde se atopa o xacemento, que terá unha zona de protección, e sinalou que Cultura non dá unha coordenada exacta, así que pode estar no entorno de 50-60 metros a un lado ou outro.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova