Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Benestar Social presenta unha xornada para familias adoptantes e novos cursos para a zona rural


# Venres, 11/02/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou hoxe unha xornada sobre adopcións que se celebrará o 26 de febreiro

Os interesados en asistir a primeira Xornada para familias adoptantes poden inscribirse chamando ao 010

Basadre tamén anunciou que durante o ano 2011 se desenvolverán 61 actividades en 24 parroquias lucenses

O Centro de Convivencia de Fingoi acollerá mañá unha charla sobre o cultivo, tratamentos e conservación de produtos ecolóxicos


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañada pola Presidenta da Asociación Cheng Bao, Pilar Quiñones, e a tesorera da Asociación, Loli Real, presentou a Primeiras Xornadas para familias adoptantes “Os retos da postadopción e o acollemento familiar”, que terá lugar o sábado 26 de febreiro no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Segundo anunciou a Concelleira, a presentación da xornada será as 10.00 horas e posteriormente, ás 10.15 horas celebrarase unha mesa redonda coa intervención da psicóloga Lila Parrondo, que abordará ¿Como e cando lle explico o meu fillo/a a súa condición de adoptado? “Vinculación á cultura e o país de orixe”. Posteriormente, o Gabinete de Psicoloxía “Paradoxo” falará do “Acollemento: O reto de nadar entre tres augas”.

Tras unha pausa, ás 12.15 horas terá lugar outra mesa redonda, nesta ocasión a cargo da xornalista Beatriz San Román, que abordará “A integración escolar dos menores adoptados”. A primeira xornada para familias adoptantes rematará coa mesa redonda na que intervirá a doutora en Filosofía e Ciencias da Educación Montserrat Freixa baixo o título “A adolescencia nos adoptados e os seus conflitos particulares”.

Segundo destacou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, “trátase dunha xornada formativa na que se atopen respostas as súas inquedanzas e as dúbidas, que lles permitan adquirir capacidades para responder a estas necesidades de maneira satisfactoria”.


Os participantes nesta xornada, que poden anotarse chamando ao 010, disporán dun servizo de Ocioteca para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade tamén deu a coñecer a “Charla sobre cultivo, tratamento sobre cultivo, tratamentos e conservación de produtos ecolóxicos” que terá lugar mañá sábado, día 12 de febreiro ás 10.30 horas, no Centro de Convivencia de Fingoi a cargo de Edmundo Maseda Maseda. Entrada ata completar aforo e sen inscrición previa.

Cursos no rural 2011

A Concelleira tamén anunciou que se levarán a cabo 25 excursións, e deu a coñecer a programación dos distintos cursos que se desenvolverán ao longo do presente ano 2011 na zona rural. Serán un total de 61 actividades en 24 parroquias lucenses.

As parroquias onde se desenvolverán estes cursos son as de Albeiros, San Xoán do Campo, Carballido, Gándaras, Bazar, Castelo, Tirimol, Recimil, Bosende, Orbazai, Bocamaos, Meilán, Santa Comba, Lamas, Esperante, Ponte, Benade, Saa, Calde, Bóveda, O Veral, Coeses, Rubiás e Pías.

Os cursos ofertados serán de ximnasia, baile, cestería, costura, ioga, taichí, baile de salón, cociña, expresión musical, canto, gaita, cestería, cultivos ecolóxicos, manualidades, actividades físicas, alimentación e manipulación de alimentos, apoio escolar e inglés, cociña vexetariana, pilates, inglés, memoria, manualidades decoración, pandereta, ximnasia para maiores canto e organización dun coro e repostería.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova