Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ofrece espazo no CEI ás empresas que por algún accidente non poidan dispor das súas instalacións


# Venres, 11/02/2011
O Alcalde e a Concelleira de Economía participaron nun almorzo con emprendedores no que presentaron este novo servizo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

As empresas poderán usar o servizo durante 30 días e deberán contar con un plan de continxencia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron hoxe nun almorzo cos emprendedores instalados no viveiro no que presentaron un novo servizo que o CEI ofrece ás empresas lucenses, un tema novidoso no que o Concello de Lugo é pioneiro.

O novo servizo consiste en darlles unha alternativa ás empresas que sufran nas súas instalacións un accidente ou algún tipo de continxencia que lles impida desenvolver o seu traballo con normalidade.

López Orozco manifestou que “é moi importante que as empresas pensen no futuro e as eventualidades que poden xurdir e o Concello ofrecese a colaborar con vós para atendelas” . Tamén dixo o Alcalde que “iso é síntoma da calidade dunha empresa”.

O CEI será o centro alternativo ou centro de continuidade no que poder reubicar aos traballadores da empresa desde o primeiro momento ata que se solucione a continxencia. Esta reubicación permitirá ás empresas retomar rapidamente as operacións. As empresas non poden permitirse estar fóra de servizo. Por iso, necesitan centros alternativos que lles garantan, en caso de fallo, a continuación das operacións.

No almorzo falouse da importancia de que as empresas conten cun plan de continxencias. Interveu Gonzalo Núñez, representante de Pexego, unha das empresas lucenses que teñen este plan que, basicamente, define cómo se debe actuar ante unha catástrofe. A parte máis importante é eliminar toda la improvisación que pode xurdir cando non se ten prevista unha situación.

Da importancia dos plans da idea o acontecido nas catástrofes das Torres Xemelgas de Nova Iorque ou o incendio do edificio Windsor de Madrid.

No edificio Windsor aloxábanse as empresas de auditoría Deloitte e o bufete de avogados Garrigues, entre outras empresas. O incendio tería sido una auténtica catástrofe para estas empresas se no contaran con plans de continxencia que lles permitiron seguir traballando con certa facilidade en cuestión de horas.

Exemplos semellantes déronse con empresas que tiñan a súa sé nas Torres xemelgas de Nova Iorque.

Un informe de IBM sinala que os incendios son a principal causa de que as empresas teñan que interromper as súas actividades. Logo figuran actos terroristas e sabotaxes, nos que se inclúen os virus informáticos. Outras causas son atmosféricas ou inundacións.
 


O CEI será o centro de continuidade das empresas lucenses que o precisen.

Os requisitos para poder acceder a este servizo serán:

Contar cun plan de continuidade de negocio ou de continxencia que garanta as operacións necesarias para o desenvolvemento habitual do negocio ante calquera tipo de desastre, interrupción ou continxencia.
Formular a solicitude
Acreditar as circunstancias

As empresas que cumpran estes requisitos, terán dereito a usar un espazo do CEI ata a desaparición da causa motivadora da continxencia, cun máximo de 30 días e ata con 30 traballadores.

cei.lugo.es




Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova