Imprimir

RECEPCIÓN NO CONCELLO AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE INTERCAMBIO DO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES


14/2/2011

A Primeira Tenente de Alcalde, Sonia Méndez, presidiu a recepción aos 19 alumnos e alumnas do Tiblle Gymnasium de Täby de Suecia e aos 21 alumnos e alumnas do Lycée Dautet de La Rochelle, de Francia


A Primeira Tenente de Alcalde, Sonia Méndez, presidiu esta mañá a recepción, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, aos alumnos de centros escolares doutros países europeos que durante o mes de febreiro atópanse de intercambio co instituto lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes.

24 alumnos e alumnas do Tibble Gymnasium de Täby, de Suecia, centro co que o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes leva realizando intercambios desde hai dez anos e 30 alumnos e alumnas do Lycée Dautet de La Rochelle, de Francia.

Os rapaces e rapazas de Suecia estarán no centro educativo durante un mes, recibindo clases de español das súas profesoras, e 5 alumnas do mesmo instituto, que participan nun programa pioneiro da Unión Europea (Mobilidade Alumnado Comenius), estarán durante tres meses cursando estudos no instituto, integradas nas clases como unhas alumnas mais.

Para os alumnos e alumnas do Lycée, Francia, esta é a primeira vez que participan neste programa de intercambio, e que permanecerán na cidade de Lugo unha semana.

A Primeira Tenente de Alcalde destacou a importancia destas experiencias de intercambio, que permiten coñecer a cultura, aprender o idioma, e intercambiar experiencias entre os máis novos. Ademais, animou aos estudantes a coñecer a Muralla Romana e disfrutar dunhas paisaxes naturais de gran beleza, como os paseos dos ríos Miño e Rato.

Os estudantes recibiron o libro “Crónica de Lugo”, mentres que estes agasallaron ao Concello de Lugo cunha fermosa cunca de cristal tallado.