Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello oferta novos cursos de novas tecnoloxías e busca activa de emprego


# Martes, 15/02/2011
Comezarán o día 1 de marzo e desenvolveranse no Espazo Lab

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía presentou os cursos que serán gratuítos e diríxense a desempregados e traballadores en activo que queiran mellorar a súa formación

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe unha nova iniciativa para facilitar ós veciños que o desexen a posibilidade de mellorar a súa formación en informática e novas tecnoloxías. A partir do día 1 de marzo, desenvolveranse no Espazo Lab do Concello de Lugo novos cursos gratuítos dirixidos a desempregados e traballadores en activo, en materia de novas tecnoloxías e busca activa de emprego.

A Concelleira de Economía e Emprego explicou que o Concello aposta pola formación para facilitar o acceso ó mercado laboral. Así, Sonia Méndez destacou que “mentres que a Xunta de Galicia se declara incompetente en materia de emprego, para o Concello de Lugo, que non ten ningunha competencia atribuída pola lei, a situación dos desempregados lucenses sempre será a maior preocupación e por iso, día tras día ideamos e temos iniciativas para mellorar unha formación na que dende o Concello si que cremos”.

Segundo destacou a Concelleira, esta serie de accións formativas son necesarias ante a evolución actual do mundo laboral, que nos últimos tempos avanza cara ás novas tecnoloxías, e destacou que “cada vez se recorre máis as redes sociais para a búsqueda de emprego”. Os cursos serán de pequena duración, de vinte horas, e agárdase que mais de 600 persoas participen ao longo do ano nestas accións formativas gratuítas.

Os cursos están enfocados ao mundo laboral, e terán horarios adaptados a toda a cidadanía polas mañás e polas tardes. As materias formativas serán: Alfabetización informática, ofimática, ofimática (software libre), internet, busca activa de emprego, deseño gráfico e deseño web.

Máis información e inscricións no Espazo Lab, Avda. da Coruña, 490 (Antigo cuartel de Garabolos), no teléfono 982.297.361 ou a través da páxina web: www.lugo.es/espazolab

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova