Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS PARTICIPA NUNHA RUTA DO KM0 COA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO


15/2/2011

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, acompañou hoxe á Asociación de Loita contra o Cancro nunha ruta do Km0 que organiza a Deputación provincial.

Zarzuela acompañou a un grupo de 48 persoas, pertencentes á Asociación Española contra o Cancro de Lugo que fixeron un percorrido por O Saviñao. Logo de ser recibidos na Deputación, viaxaron ata o Mazo de Santa Comba. Despois de xantar en Escairón efectuaron unha visita ó miradoiro Cabo do Mundo, deron un paseo pola praia da Cova e asistiron a unha cata na adega “Vía Romana” de Chantada.