Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Sociedade Filharmónica de Lugo continua co ciclo de concertos co que conmemora, neste 2011, o seu 65 aniversario


# Mércores, 16/02/2011


Imaxe Asociada
O próximo mércores, día 23 de febreiro, chegan dende Londres 4-MALITY Percussion Quartet, un impresionante e orixinal cuarteto de percusión formado por catro músicos excepcionais e liderado por Adrian Spillett, o primeiro e ata agora único percusionista gañador do prestixioso concurso BBC Young Musicians Competition.

4-MALITY poden chegar a despregar ata 40 instrumentos perfectamente coordinados (tambores, gongs, vibráfonos e marimbas, por mencionar algúns) nun espectáculo que nos leva de Xapón a África, pasando polo Caribe, cheo da incrible destreza interpretativa e artística duns músicos cunha elevada formación clásica.

4-MALITY tocaron nos BBC Proms del Royal Albert Hall, nos Festivais de Flandes, Rhythm Sticks, Edinburgo e Stratford e en prestixiosas salas como Wigmore Hall e Purcell Room de Londres ou a Filharmónica de Berlín.

Para o público en xeral, que non sexa socio da Filharmónica, as entradas para estes concertos poden adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante deste e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus.

Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao correo electrónico filarmonicalugoarrobaterra.es ou na Web www.filarmonicadelugo.com




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova