Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello estuda ampliar as instalacións deportivas coa construción dunha torre para practicar escalada na zona de Frigsa


# Mércores, 16/02/2011
O Alcalde e o Concelleiro de Deportes inspeccionaron a rehabilitación do último edificio pendente de arranxar da zona de Frigsa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Tamén visitaron a Galería de Tiro con Arco onde se desenvolve un proxecto pioneiro para a rehabilitación mediante o deporte de persoas con drogodependencia


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitaron esta mañá as obras do último edificio en rehabilitación da antiga zona de Frigsa.

Segundo anunciou o Alcalde, “manter e rehabilitar este vello edificio, un antigo secadeiro de chourizos, é manter un vestixio da antiga Frigsa na maior zona dotacional da cidade, unha idea que sempre tivo o Concello”.

As obras de rehabilitación, que tiveron un custo de 60.000 euros, converterán a este edificio na sede social dos clubs deportivos e, segundo salientou López Orozco, “existe un proxecto para a construción dun espeleódromo -unha torre para practicar escalada-, que nestes intres atópase en proceso de estudo”.

Esta nova instalación deportiva incrementará a gran oferta deportiva da zona de Frigsa, onde xa existe unha piscina cuberta, unha piscina descuberta, canchas deportivas, o Museo Interactivo de Historia de Lugo, unha biblioteca, centro cívico e preto de 50.000 metros cadrados de zonas verdes. Unha vez estea rematada a rehabilitación do edificio, agárdase que sexa a finais deste mes, a parte baixa será decorada por uns grafiteiros.

O Alcalde destacou o gran beneficio que supón para o conxunto da cidadanía a habilitación dos 375.000 metros cadrados convertidos en espazos para o encontro, para divertirse, facer deporte e “dentro de pouco tempo para conseguir que nos visiten mais cidadáns para visitar o Museo Interactivo de Historia de Lugo”.

Proxecto pioneiro do Concello de Lugo e o Plan Nacional de Drogas

O Alcalde de Lugo e o Concelleiro de Deportes aproveitaron a súa estancia na zona de Frigsa para visitar a galería de Tiro con Arco, onde se está a desenvolver un proxecto pioneiro en España, a través do Plan Nacional de Drogas.

Trátase de contribuír á rehabilitación de persoas con drogodependencias a través do deporte. Nesta actividade,financiada integramente polo Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional de Drogas, participan dez homes en proceso de rehabilitación en Proxecto Home.

Segundo sinalou Mónica Freire Fernández, Coordinadora do Proxecto Home Lugo, esta actividade axuda á rehabilitación, xa que cumpre obxectivos básicos como son a disciplina, a responsabilidade, o respeto, a autosuperación ou a concentración, e lévase a cabo dende finais do ano pasado.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova