Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno aproba provisionalmente unha modificación do PEPRI que cambiará a imaxe da cidade na zona da Delegación de Sanidade, segundo María Novo


# Mércores, 16/02/2011
A Delegada de Urbanismo explicou que a casona do Carril dos Fornos pasará ó Concello e será rehabilitada

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou provisionalmente a modificación puntual do PEPRI na unidade de intervención número 6, na zona comprendida entre as rúas de Ramón e Cajal, Montevideo e Carril dos Fornos, fronte a Delegación provincial de Sanidade, segundo informou a Delegada de Urbanismo, María Novo.

Novo salientou que se trata dun “paso importante para resolver urbanísticamente unha zona moi sensible da nosa cidade, porque está situada no casco histórico, ó tempo que permitirá recuperar como dotación pública un edificio histórico, a casona situada no Carril dos Fornos que pasará ó Concello”.

“Sen dúbida vai cambiar a imaxe da cidade nesa zona”, segundo salientou a Delegada de Urbanismo porque “vai supor un primeiro paso para pechar un vacío urbanístico importante no noso casco histórico, ademais de facilitarlle ó Concello unha nova dotación pública no centro da cidade”.

Novo explicou que a proposta supón edificar na zona situada fronte á Delegación provincial de Sanidade cunha altura máxima de baixo máis catro plantas. Tamén está previsto ampliar o viario do Carril dos Fornos. En canto á casona, que linda co aparcamento temporal situado detrás do sanatorio da Virxe dos Ollos Grandes, o edificio vaise rehabilitar mantendo a altura de baixo máis un que ten na actualidade. A Delegada de Urbanismo avanzou que “desde o Concello xa estamos a pensar no tipo de dotacións que se pode facer neste edificio singular”.

Ademais María Novo indicou que este é un “procedemento que se leva a cabo en execución dunha sentenza que, no seu día, ditou o TSXG e que está coordinado coa propiedade que presenta este proxecto e tamén coa Xunta de Galicia, polo que se agarda que a súa aprobación definitiva sexa inminente”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova