Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta a nova ordenanza de prazas e mercados


# Xoves, 17/02/2011
A Concelleira de Servizos Xerais deu a coñecer hoxe o novo regulamento que vén a substituír á ordenanza vixente do ano 1999

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A nova ordenanza presenta melloras nas concesións, nos dereitos dos concesionarios e nas relacións entre os comerciantes e o Concello

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa o novo regulamento de mercados que vén a substituír ao regulamento vixente do ano 1999.

Segundo destacou a Concelleira, a modificación desta normativa resultaba moi necesaria para a adecuación dás necesidades que require a modernización comercial, “posto que esta modernización tamén lle afecta aos postos de venda tradicionais, que están situados nos mercados”. Ademais, sinalou, “tamén hai que adaptar esta normativa aos cambios introducidos pola lexislación europea, no que se refire á seguridade alimentaria”.

Este regulamento, elaborado desde o primeiro borrador xunto cos partidos e comerciantes, permite potenciar e dinamizar máis a Praza, ofrecendo un acceso aos postos dun xeito máis doado. “Tamén queremos que sexa un lugar máis atractivo para os mozos, sobre todo para aqueles emprendedores que estean dispostos a iniciar unha actividade comercial de abastos ou outras”, destacou Luisa Zarzuela.

Os cambios supoñen a introdución de varias melloras, entre elas a instalación dun taboleiro de anuncios na praza e outro no mercado coa información municipal de interese e unha caixa de correo de suxestións, tanto para os vendedores coma para os consumidores. Isto axudará, sinalou Zarzuela, a manter unha relación “máis próxima e continuada dende o Concello cos comerciantes”. Ademais, destacou a Concelleira, o persoal responsable da praza fará un informe periódico, recollendo todas as propostas que se realicen e todas aquelas incidencias que se producisen. Posteriormente, este informe será entregado no departamento encargado da xestión da praza, para buscar unha rápida solución aos problemas formulados.

Outra novidade importante é a oferta pública anual de todos os postos libres que haxa, ofrecendo máis facilidades á hora de obter os postos a través das concesións. Así, sinalou a Concelleira, “con este regulamento serán as concesións fixas por 25 anos, en lugar dos 35 anos actuais, máis unha prórroga de 10 anos e/ou por 2 anos cunha prórroga doutros 2 anos, despois poderíase pasar á situación anteriormente citada, co que pretendemos facilitar a iniciativa dos emprendedores”.
A nova ordenanza recolle un aumento nos dereitos dos concesionarios xa que, segundo sinalou Luisa Zarzuela, “as revogacións axústanse máis á realidade, xa que se melloran, e os comerciantes que teñan concesións adquiren máis dereitos”. Así, o prazo que se fixa polo non pagamento do canon para a revogación da concesión, antes de dous meses, pasará a ser de tres meses seguidos ou de seis meses non consecutivos. No relativo as concesións dos postos, a Concelleira destacou que “mentres que antes perdíase a concesión por ter o posto pechado durante dez días consecutivos ou nun período de 30 días naturais, agora se perde cando o posto permaneza pechado ata un máximo de seis meses por falecemento, invalidez, xubilación ou por calquera outro motivo polo que cesase a actividade”.

No mercado de venda de produtos tradicionais, a principal novidade que introduce este regulamento é a creación dun rexistro de vendedores, cunha declaración de intencións de que os produtos son da súa propia colleita. Con este novo regulamento agárdase, sinalou a Concelleira, que “se facilite a ampliación da actividade comercial, xa que existe a posibilidade de autorizar os usos complementarios ás actividades de abastos, sempre que estas sexan compatibles con estas, como poden ser os produtos ecolóxicos”.

Na actualidade o Mercado de Quiroga Ballesteros conta con 33 postos, 25 ocupados
e 8 libres, ten 6 solicitudes de ocupación. A Praza de Abastos ten 66 postos, 47 ocupados e 19 baleiros, e 3 solicitudes de ocupación.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova