Imprimir

ELIXIDO O CARTEL GAÑADOR DO V CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO 2011


17/2/2011 A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, mantivo está mañá unha xuntanza cos membros do xurado, na que decidiron de entre 58 propostas o cartel gañador do certame de carteis Entroido 2011

“La pajarita roja”, cartel seleccionado, foi a proposta de Aurora Cascudo Román, de A Coruña

O pregón, a cargo do grupo Estoupa Caldeiros será o venres 4 de marzo ás 20.00 horas e marcará o inicio do Entroido do 2011


A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe, xunto aos membros do xurado, a Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Muñoz, e os destacados membros da cultura lucense José Blázquez e Margarita Portomeñe, o cartel gañador da quinta edición do concurso de Carteis de Entroido.

“La pajarita roja”, proposta de Aurora Cascudo Román, de A Coruña, foi a obra seleccionada para promocionar o Entroido 2011, e que será premiada con 600 euros.

A Concelleira de Cultura e os membros do xurado salientaron a cantidade e gran calidade das 58 propostas recibidas, decantándose finalmente por un cartel que segundo salientou o xurado “suxire a creación propia, a realización, por exemplo, do disfraz de entroido, precisamente un dos valores que máis se fomentan e valoran no concurso de disfraces de entroido”.

O inicio do Entroido 2011 o marcará, como todos os anos, o pregón, que este ano correrá a cargo do grupo lucense Estoupa Caldeiros. Será o venres día 4 de marzo ás 20.00 horas na Casa do Concello.