Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado disputarase a novena edición do Trofeo Cidade de Lugo


# Xoves, 17/02/2011
A competición, que terá lugar no Pavillón Municipal a partir das 16.30 horas, será puntuable para o Campionato de España no sector oeste masculino e feminino


Imaxe Asociada
A Concellería de Deportes, en colaboración coa Delegación en Lugo da Federación Galega de Judo, achegan á cidade o vindeiro sábado, día 19 de febreiro, a novena edición do Trofeo Cidade de Lugo.

A competición, valedera para o Campionato de España no sector oeste masculino e feminino, disputarase no Pavillón Municipal Casa do Deporte, na Avd. Infanta Elena, a partir das 16.30 horas. A pesada será ás 13.00 horas.

O Trofeo Cidade de Lugo contará coa participación de 34 galegos, 17 mulleres e 17 homes, entre as que destacan as lucenses Iva Mareva, do equipo Senra, en menos de 63 kilos feminino e Sara Álvarez, do J.C. Lugo no peso pesado feminino. Tamén compiten lucenses como Camino Casabella o Diego Álvarez, ambos do equipo J.C. Lugo, en 52 e 66 kilos respectivamente.

deportes.lugo.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova