Imprimir

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TIRIMOL AGRADECE AO CONCELLO AS MELLORAS REALIZADAS NO ALUMEADO PÚBLICO


18/2/2011 O Alcalde de Lugo visitou onte o Centro Social de Tirimol, onde a Asociación Veciñal quixo agradecerlle a instalación de 11 puntos de luz

Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou onte aos veciños e veciñas de Tirimol, nun acto onde a Asociación Veciñal quixo mostrar o seu agradecemento ao Concello de Lugo pola mellora do alumeado público da parroquia.

O último proxecto de mellora do alumeado público que levou a cabo o Concello de Lugo en Tirimol consistiu na instalación de 11 puntos de luz nun camiño da parroquia moi transitado polos veciños.

Segundo destacaron os veciños e veciñas, este proxecto resultou moi beneficioso para a parroquia de Tirimol, porque o camiño no que se puxeron os puntos de luz é moi utilizado polos veciños que van a coller o bus urbano á última parada que ten en Ramil.