Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Músicas a carón da Mosqueira achega hoxe ata Lugo a actuación do ¿Dúo Aguirre y León¿


# Luns, 21/02/2011

O concerto será hoxe, ás 20.30 horas na Casa do Saber, na Praza Pío XII



Imaxe Asociada

O Ciclo do programa de Lugo Cultural, Músicas a carón da Mosqueira, achega hoxe a Lugo a actuación do “Dúo Aguirre y León”. A cita será as 20.30 horas na Casa do Saber, situada ao carón do Vicerreitorado, na Praza Pío XII.

Músicas a carón da Mosqueira é parte dos ciclos do programa musical de Lugo Cultural, formado pola USC, o Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, e a Fundación Caixa Galicia.

Currículum “Dúo Aguirre y León”
 
O dúo composto pola acordeonista Arantza Aguirre e a clarinetista Ana León nace en xaneiro de 2008 na Sibelius Academy de Helsinki dentro da materia de música de cámara, baixo a tutela dos clarinetistas Kari Kriikku, Harri Mäki e Tuulia Ylönen e os acordeonistas Matti Rantanen e Mika Väyrynen.  
 
Debutou na Sala de Cámara da Sibelius Academy no ano 2008 e nos seus dous anos de traxectoria profesional tivo a ocasión de actuar en diferentes salas de concertos españolas entre as que destacan o Palau de la Música de Barcelona (2009), Ateneu Barcelonès (2009), Ateneo de Santander (2010), Kursaal de Manresa (2010), Casa Milá (2010).
 
A súa participación dentro de ciclos e festivais de música clásica, tanto nacionais como internacionais, é bastante usual. Desta forma ofreceu recitais dentro do ciclo de música contemporánea Korvat auki de Helsinki (2008), 24 Cicle de Música del segle XX-XXI de Barcelona (2009), ciclo Tardor de Sant Joan de Vilatorrada (2009), Festival Internacional de Navas de San Juan (2009), Ciclo Estival de Música de Sopelana (2009), Ciclo El Primer Palau (2009) de Barcelona, Festival Internacional de Finlandia SibaFest (2010) de Helsinki, ciclo de concertos en reivindicación do Conservatorio Superior de Música para Albacete e ciclo Sábados Musicales de Santander (2010); ademais de colaborar con Juventudes Musicales de España. 
 




Dentro da actividade do dúo cabe sinalar a súa participación en diferentes certames e concursos, onde foi galardoado cos seguintes premios:
 
-         Primeiro Premio no XVI Pòdiums de Música de Cambra (Categoría A) de Sant Joan de Vilatorrada (2008).
-         Primeiro Premio no IX Certamen de Música de Cámara Rotary-Sardinero de Santander (2009).
-         Segundo Premio no Primer Palau 2009 de Barcelona.
-         Segundo Premio no XI Concurso de Música de Cámara “Ciutat de Vinaròs” (2009).
-         Primeiro Premio no 25 Premi de Música Ciutat de Manresa (2010).

  Actualmente destaca a colaboración con compositores españois, como Josué Moreno, David del Puerto, Raquel Rodríguez, Carlos Machuca Oliván e Israel López Estelche, na creación de obras para esta formación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova