Imprimir

O DOMINGO DISPUTARASE O IX TORNEO DE XADREZ DO ENTROIDO


21/2/2011 A competición terá lugar no Centro López Mella o domingo 27 de febreiro ás 16.30 horas

A inscripción é gratuita e pode facerse ata o día 25 de febreiro no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrumgmail.com


A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Concellería de Deportes, a Asociación Xuvenil Lugo Xadrez e o grupo El Progreso, organizan o IX Torneo de Xadrez do Entroido, englobado dentro do circuito Camiño do Scacorum.

Dentro do Circuito Camiño do Scacorum xóganse 5 probas: Torneo de Nadal, Torneo do Entroido, Torneo Semana Santa, Torneo Intercentros e a Festa Final.

Este torneo celebrarase no Centro de Educación López Mella o domingo día 27 de febreiro dende as 16.30 horas ata as 20.00 horas. A entrega de agasallos será as 20.00 horas.

O obxectivo que se persegue é dar alternativas de ocio onde poida participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ao mesmo tempo, crear un espacio de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquedanzas.

Haberá seis categorías:
-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub16
-Sub 20
-Familiares e acompañantes.

A inscripción é gratuita e pódese facer ata o día 25 de febreiro ás 20:00 horas no teléfono 657 974 937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrumgmail.com