Imprimir

O ALCALDE VISITOU O CENTRO SAN VICENTE DE PAÚL


22/2/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade efectuaron esta tarde unha visita ó centro San Vicente de Paúl que rexentan ás Irmás da Congregación da Caridade.
A Directora desta residencia, Sor Magdalena, amosoulles as instalacións do centro, no que residen 72 internos, todos eles con algún tipo de discapacidade intelectual. Tamén lles explicou as distintas unidades coas que conta o centro e as actividades que teñen programadas para os internos, que inclúen servizos de fisioterapia, obradoiros e natación, entre outras.
Ademais da relixiosas da Congregación da Caridade, no centro traballan voluntarios e medio centro de empregados.