Imprimir

O VINDEIRO SÁBADO A PISCINA DE FRIGSA ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE XOGOS ACUÁTICOS


22/2/2011 A xornada “Inchables Acuáticos”, de carácter gratuíto, está dirixida a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos

A cita será o vindeiro sábado día 5 de marzo na Piscina de Frigsa

A inscripción pode facerse, ata completar os grupos, no teléfono 982.29.74.23 ou na recepción da Piscina de Frigsa


A Concellería de Deportes, en colaboración coa empresa de servizos Vitae e o equipo de natación PortaMiñá, organiza este sábado día 5 de marzo na Piscina Municipal de Frigsa, unha xornada de xogos acuáticos de carácter gratuíto, dirixido a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos.

A xornada se desenvolverá en grupos reducidos de 30 rapaces por turno, e é obligatorio saber nadar, pois non se suministrará ningún material de flotación ós participantes, posto que podería molestar ou danar aos propios nadadores. Tamén será necesario levar bañador, gorro e chanclas.

Os turnos serán organizados en función das idades:

11.00 horas - De 11 a 14 anos
11.45 horas - De 8 a 10 anos
12.30 horas - De 5 a 7 anos
17.00 horas - De 5 a 7 anos
17.45 horas - De 8 a 10 anos
18.30 horas - De 8 a 10 anos
19.15 horas - De 11 a 14 anos

Os participantes estarán supervisados por varios monitores e socorristas que vixiarán en todo momento o desenrolo da actividade no que de seguro disfrutarán os pequenos.

A inscripción pode facerse, ata completar os grupos, no teléfono 982.29.74.23 ou na recepción da Piscina de Frigsa.