Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O musical "El Mago de Oz" chega a Lugo o domingo 27 de febreiro


# Martes, 22/02/2011
“El Mago de Oz: el Musical” estará no Auditorio Municipal o vindeiro domingo nunha única función ás 18:00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As entradas poden mercarse a través da web www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500. Os prezos son de 11 euros para infantiles e 17 euros para adultos

Despois de visitar algúns dos teatros máis importantes do país e de repetir éxito en Madrid por segunda tempada consecutiva, MundiArtistas e “El Mago de Oz: el Musical” estarán en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire, o vindeiro domingo 27 de febreiro nunha única función ás 18.00 horas.

Dúas tempadas en cartel. Máis de 500 funcións. Máis de 250.000 espectadores. “El Mago de Oz: el Musical” continúa a súa imparable viaxe que comezou alá por abril do pasado 2010, e é que Dorothy e os seus amigos non se cansan de cantar e bailar polo camiño de baldosas amarelas. Na súa busca da Cidade Esmeralda xa pasaron por algúns dos teatros máis emblemáticos do país, como o Coliseum de Madrid, o Campoamor de Oviedo e o Olympia de Valencia; agora espéralles un horizonte cheo de cidades novas, onde nenos e maiores poderán gozar dunha obra orixinal e chea de humor baseada no conto que escribiu Frank L. Baum fai xa máis de 70 anos.

"A historia de sempre, contada como nunca,". Iso é. Porque fiel á trama clásica, esta versión reborda graza e enxeño nos seus diálogos, humanizando os personaxes e facéndoos máis próximos ao público de do noso século. Dorothy, Espantallo, León e Lata transmiten a esencia clásica do conto: o importante que é ter valor para avanzar na vida, pensar con claridade e acerto, e ser capaz de amar os demais. Á vez, a historia axuda a comprender os nenos o que significa ter un fogar, o amor á familia e, ante todo, o poder da amizade.

O plano musical tamén marca a diferenza: os seis temas, pegadizos e orixinais desta produción, recollen estilos tan diferentes como o funky, o rock, o country e o pop. A eles súmase por suposto, o clásico “Over The Rainbow” que fixo famosa a Judy Garland, adaptado ao castelán. Trucos de maxia en directo, unha caracterización moi lograda e un coidado vestiario redondean unha obra que xa foi cualificada como "musical máis valorado" en entradas.com, e como un dos máis vendidos do pasado nadal. Aqueles que aínda non bailasen polo camiño de baldosas amarelas, agora teñen a oportunidade de facelo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova