Imprimir

O ALCALDE VISITOU UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O HOLOCAUSTO NAZI


22/2/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou hoxe a exposición “Memoria do Holocausto”, organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel, que está instalada na Biblioteca Nodal. Na visita tamén participou o Voceiro do BNG, Xosé Anxo Laxe.

A exposición componse de 24 fotografías sobre as vítimas do Holocausto e os campos de concentración, así como dunha escolma de libros e películas que tratan dos horrores dos campos de exterminio nazis.

A mostra permanecerá aberta ata o día 25 de febreiro e foi organizada con motivo do Día internacional en memoria das vítimas do Holocausto, que se conmemora o 27 de xaneiro en recordo da liberación polas tropas rusas das persoas recluídas no maior campo de concentración, o de Auschwitz (Polonia), no ano 1945.