Imprimir

NOVA PROGRAMACIÓN DOS CICLOS LUBICÁN 2011 E XOVES DE MODA


23/2/2011 A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistiu onte á presentación dos ciclos Lubicán 2011 e Xoves de Moda de Lugo Cultural

Lugo Cultural está integrado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Primeira Cultura da Deputación Provincial de Lugo e Novacaixagalicia, xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade.

Onte, presentouse a cuarta edición do ciclo Lubicán, que Pretende achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións.

Neste ciclo que se desenvolverá entre marzo e xuño atoparemos os novos traballos de diferentes grupos do noso panorama musical. Todos os actos serán ás 20.30 horas.

Datas Lugar Grupo
10 de marzo Círculo das Artes Abraham Boba
Presentación do seu novo disco
Los días desierto
28 de abril Casa do Saber Germán Díaz
Presentación do seu novo disco
Método Cardiofónico
26 de maio Círculo das Artes A Quenlla
Presentación do seu novo disco
Os Irmandiños
21 de xuño Praza de Santa María En caso de Choiva Auditorio
Gustavo Freire
Marful
Presentación do seu novo disco Manual de Seducción

Ademáis, este ano crease unha actividade complemetaria a Lubicán, os Xoves de Moda, que pretende poñer o acento na actividade cultural existente en Lugo nos anos 30 e o seu seguimento polos diferentes sectores da sociedade. Os Xoves de Moda era un ciclo existente no Círculo das Artes, á vez das actuacións do Bar Nemesio, do Teatro Principal, tamén no Casino e como non o anunciado “ el paseo de hoy”. (adxuntamos un pequeno anexo ao final)

Na Casa do Saber daránse diferentes encontros con personalidades das artes escénicas, que explicaran a súa traxectoria e coñeceremos un pouco máis de preto a situación actual.

Data Artista
3 marzo Fran Perez NARF
12 abril Holywater
5 maio Jorge Coira
2 xuño Fuxan Os ventos

Abraham Boba

O 10 de marzo presentará o seu novo disco “Los días desierto” no Círculo das Artes

Abraham Boba publica a mediados de marzo Los días desierto, o seu tercer álbum e que xa podemos afirmar –que supon un antes e un despois na súa carrera. ¿Álbum de consagración? Sempre é arriescado sabelo a nivel mediático, pero dende logo sí que o é a nivel persoal, pois logra co seu pop de autor involucrarse ata a médula nas súas letras e na súa música. Boba non só conta e canta cancións tamén as interpreta coa súa voz, o seu piano, guitarra ou acordeón. Historias personais escritas dende unha óptica tanferinte como tenra, un perfecto desdobramento de personalidade musical que non aspira a emulara ninguén máis ca un mesmo. Un universo musical propio, onde o pop, ofolk e os referentes clásicos dun bo singersongwriter fundense nunhas cancions que manteñen o ADN propio dos seus discos anteriores (piano, voz, acordeón) pero no formato máis eléctrico que nunca, e embelecido por coros e moitos más matices. En definitiva, Los días desierto destila todo aquilo do que xa viamos capaz a Abraham: sensibilidade musical, destreza instrumental e clase. Todos sabemos que os bos discos son aqueles que precisan seu tempo de escoita, e o de Abraham é deses Pero tamén sabemos que precisamente eses son os discos que máis nos cautivan, e os que acabamos recurrindo casi compulsivamente.  Sen dúbida, 2011 é o ano de Abraham.

Germán Díaz

O 28 de abril presentará o seu novo disco “Método Cardiofónico” na Casa do Saber

Latexos de corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona.

O novo espectáculo de Germán Díaz está baseado nos ritmos dos latexos do corazón que o doctor Iriarte grabou nos anos carenta e editou en vinilo co nome de Método Cardiofónico. Tomando como base estos latexos crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que leen os cartóns perforados nos que Díaz escrebe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, unense a manivela da zanfona, e á grabación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados

A QUENLLA

O 26 de maio presentarán o seu novo disco “Os irmandiños” no Círculo das Artes

A Quenlla naceu en 1984. Desde os seus inicios puxo unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron. Asumiu así a obriga de non permanecer impasible diante dos feitos e dos acontecementos que suceden ou poidan suceder na nosa Patria, actuando como relator e cantor dos mesmos. É por iso que moitas veces, A Quenlla, colle textos de poetas e de escritores para, imprimíndolles musicalidade, devolvelos en forma de canción e de mensaxe que conxugue palabra e sentimento musical do propio creador.

Adoptar unha postura crítica e un compromiso diante dos acontecementos é o que move ao grupo A Quenlla, que non canta por cantar, senón que o fai para expresar o seu propio punto de vista.

O seu primeiro traballo, “Os tempos inda non, non son chegados” é un monográfico de pezas onde se abordan os principais problemas que ten Galicia, a través de poemas musicados de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Darío Xoán Cabana.

Desde entón, as súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional, recollida directamente por eles mesmos, con música composta para textos de autores -homes e mulleres da Palabra- que resisten inflexibles na procura da recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.

A Quenlla actúa fundamentalmente na xeografía galega, pero tamén onde outros galegos con interés polas voces, pola palabra e pola canción independente, os reclaman. Así ten actuado, entre outros sitios, no Conservatorio de Córdoba convidados pola Casa de Galicia e o Concello da localidade andaluza, en Toledo, Barcelona, Londres, Suiza…

Integrantes: Chus, Tareixa, Mariña, Iria, Mijaíl, Manuel, Eduardo, Mini e Mero.

Os irmandiños

É o último traballo do grupo, distribuido pola “Irmandade Manuel María da Terra Chá”, e está sendo presentado por distintas localidades da xeografía galega.

A  obra literaria á que se lle vén de poñer música consiste nun conxunto de dez poemas escritos por  Manuel María  hai xa algunhas décadas, pero ata agora non chegaran ao público de xeito independente. Os  textos apareceran canda outros poemas do autor co título  “Unha vez foi o trebón” , e trataban as revoltas irmandiñas. A viaxe no tempo que fixo, ata chegar case ao remate da Idade Media, débese ao interese do poeta por atopar personaxes e acontecementos «que fosen significativos» para xeracións posteriores.

Manuel María desexaba recuperar esta obra, tal como lles manifestou hai algúns anos a dos membros do grupo A Quenlla, porque serviría, segundo el, para fortalecer a nosa autoestima como pobo.

MARFUL

O 21 de xuño presentarán o seu novo disco “Manual de seducción” na Praza de Santa María

Marful presenta en Lugo, o seu Manual de Sedución. Un disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Porque a sedución non é explícita, é maxín: na escuridade créanse as cores e as mans osman posibilidades.

Marful realiza neste 2011 unha xira de presentacións por toda Galiza deste novo disco, no que estes catro artistas ensinan a súa cara impresionista, as letras surrealistas mesmo patafísicas, e unha variedade tímbrica para danzar twist, slow, swing, pasodobles, jotas e mambos. O disco presentouse oficialmente o pasado mes de setembro e esgotou a primeira edición en menos dun mes. Logo presentouse en Portugal, na Casa da Música de Porto, cun cheo que deixou fans á porta da salaNeste “Manual de Sedución” Marful déixase seducir pola música popular galega, pola música italiana, pola súas viaxes e amizades, polas voltas da música ambulante, das varietés e as chiscadelas do music-hall. O resultado é un son clube, vintage e cool co carimbo do realismo máxico galego-portugués e con altas doses de retranca.

En Marful a linguaxe poética exténdese até converterse en rival da música, ou as dúas camiñan da man. Grazas a un extremo poder de desafío, en Marful atópanse catro músicos con maiúsculas: UGIA PEDREIRA (voz), MARCOS TEIRA (guitarra), PEDRO PASCUAL (acordeón diatónico), e PABLO PASCUAL (clarinete baixo). Un grupo do que os seus fans din que “é o mellor que lle puido pasar á música galega na última década”.

Manual de Sedución foi gravado nos Estudios Savik Sound de Caritel (Pontevedra) e contou coa colaboración de Xacobe Martínez (contrabaixo), LAR Legido (bateria e percusións), David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha (violín) e Germán Díaz (serra). O técnico de son foi José Trincado