Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo dispútase a XXI edición do Dúatlon de Cidade de Lugo


# Mércores, 23/02/2011
A competición será o domingo 27 de febreiro no Pazo de Feiras e Congresos

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Dúatlon, Paco Villanueva, o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, e o Director da proba deportiva, Miguel Fernández, presentaron hoxe a XXI edición do Dúatlon de Cidade de Lugo “Memorial Alejandro López”, organizado pola Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial e A.D.FeFeMe Tríatlon do Miño, e que conta co patrocinio do Concello de Lugo.

Según destacou o Concelleiro de Deportes, “esta é unha das probas mais antigas do calendario deportivo lucense, xa que non hai moitas probas en Lugo que cheguen a súa 21 edición”.

A carreira terá lugar o vindeiro domingo, día 27 de febreiro, no entorno do Pazo de Feiras e Congresos. A recollida de dorsais poderá facerse na carpa da organización, no Pazo de Feiras e Congresos, de 8.30 a 9.30 horas. Ás 10.00 horas será a saída feminina; ás 10.10 horas será a saída masculina A; e ás 11.30 horas terá lugar a saída masculina B. A distancia a percorrer será de 5 km de carreira a pe, 20 km en bicicleta e 2,5 km de carreira de pe.

Según sinalou Miguel Fernández, Director da proba, hai inscritos 200 duatletas, entre os que se atopan como favoritos varios lucenses, do Club Cidade de Lugo Fluvial, como Jesús Gomar, Saleta Castro ou Estefanía Domínguez. Pola súa banda, Paco Villanueva destacou que esta é a primeira proba do calendario 2011 do dúatlon de estrada, e sinalou que “é unha proba especial, tanto pola súa antigüedade como por ser unha homenaxe a un gran deportista como foi Alejandro López”.

Premios
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Ademáis, o primeiro clasificado en categoría absoluta masculino e feminina, recibirán 150 euros; os segundos clasificados 100 euros, e os terceiros clasificados 75 euros. O primeiro clube masculino e femenino recibirán 100 euros. Ademáis, todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do XXI Duatlón Cidade de Lugo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova