Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Constituída unha nova Mesa Local de Comercio con máis integrantes


# Mércores, 23/02/2011
Incorpóranse Asociacións veciñais, a Asociación de Amas de Casa, a Asociación de Consumidores e Usuarios de Lugo, o Mercado Quiroga Ballesteros, Lugocentrum e a Cámara de Comercio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou esta mañá a constitución da Mesa Local de Comercio, que conta cunha ampliación de membros.

Así, Sonia Méndez explicou que a Mesa Local de Comercio queda integrada pola Federación de Comercio, a Asociación de Hostaleiros, e representación da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, así como os novos membros que a integran, as Asociacións da Avenida da Coruña, a Rúa Bispo Aguirre, Camiño Real, Rúa San Pedro, o Mercado Quiroga Ballesteros, a Asociación Lugocentrum e a Cámara de Comercio.

A Concelleira sinalou que a Lei de Comercio incorpora unha representación “moi interesante”, como son os consumidores e usuarios, deste xeito, anunciou, tamén formarán parte da mesa local de comercio a Asociación de Amas de Casa e a Asociación de Consumidores e Usuarios de Lugo. Según explicou Sonia Méndez, a Mesa Local de Comercio, presidida polo Alcalde de Lugo, José López Orzoco, conta coa representación dos Concelleiros de todos os partidos políticos, á que tamén se incorporan varios técnicos que traballan en temas que afectan directamente ao comercio e hostaleria de Lugo. En total, forman a mesa 24 membros.

Según destacou a Concelleira, así dase cumprimento a Lei de Comercio de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro, “aínda que a Mesa Local de Comercio de Lugo xa leva funcionando dende 2008, xa que dende o Concello apostouse por unha inciativa que considerouse moi interesante”.

Ata o de agora, a Mesa Local de Comercio mantivo oito reunións, nas que se abordaron temas como os arranxos de rúas, as remodelacións, as instalacións de mobiliario urbano, así como temas de movilidade como poden ser os aparcadoiros, a accesibilidade, os plans de trafico, o sistema hora, ou as diversas campañas de promoción e dinamización do comercio, as axudas no centro histórico do Plan Urban, ou as actuacións nas zonas peonis. En referencia a estas últimas, a Concelleira de Economía e Emprego salientou que dende o Concello, “sempre que se habilitan novas zonas peonís trátase de coordinar as accións cos comerciantes da zona, como exemplo se fixo na Rúa San Marcos, onde dende o comezo os comerciantes participaron no proxecto, tendo incluso representación no xurado que elexiu o proxecto de peonalizacion de San Marcos”.

Sonia Méndez destacou que a Mesa Local de Comercio ten a obriga, según a Lei de Comercio de Galicia, de manter unha reunión unha vez ao ano, aínda que destacou que “serán mais as reunións que se manterán, xa que dende o Concello considérase unha moi boa forma de traballar, de coordinarse e de coñecer de primeira man os interses do comercio e a hostalería de Lugo”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova