Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o programa de Animación á Lectura na Biblioteca Municipal cunha nova sesión de contacontos


# Mércores, 23/02/2011
A actividade, que xa ten todas as prazas cubertas, terá lugar este xoves, día 24 de febreiro, ás 19:00 horas na Biblioteca Muncipal

A Biblioteca Municipal acolle este xoves, 24 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se desenvolverá ao longo deste primeiro trimestre do ano. A partir das 19.00 horas, o contacontos Iago López comezará contando a historia de Martiño, un neno que vai ao monte cos seus pais e nesa viaxe correrá aventuras e coñecerá animais da fraga os que vai axudar. Esta actividade está recomendada para nenos maiores de tres anos.

Estas sesións son gratuítas e celébranse os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 40 participantes) estableceuse un sistema de entrega de tarxetas desde os días iniciais da semana da actuación. Neste caso xa se distribuiu a totalidade.

Este programa, dirixido especialmente aos máis pequenos, pretende fomentar o hábito lector a través da transmisión de relatos feito por contadores profesionais e por debuxantes, xornalistas e magos que fan chegar as historias aos ollos e oídos máis pequenos rodeados de fantasía.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova