Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá inaugúrase unha exposición sobre a "Noite Aberta"


# Mércores, 23/02/2011
A mostra, composta por fotografías tomadas por alumnos e alumnas da escola Ramón Falcón, permanecerá ata o 11 de marzo no Centro Uxío Novoneyra

A inauguración será mañá, ás 20.00 horas, e contará coa proxección dun video grabado pola Fundación TIC

A Asociación de Autónomas de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, organiza unha exposición na que se poderán ver unha serie de fotografías tomadas por alumnnos e alumnas da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo durante a celebración da Noite Aberta, que se levou a cabo o pasado día 10 de decembro de 2010.

Durante esa noite, máis dun cento de comercios e establecementos de hostalería da cidade abriron as súas portas dende as 20.00 horas ata as 24.00 horas. Durante a Noite Aberta a cidade viviu nos propios comercios e rúas actuacións e obradoiros que habitualmente se celebran na Casa da Música, dentro do programa Movida Alternativa Xuvenil e actividades doutros departamentos municipais como bailes de tango ou danza do ventre.

A inauguración, que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Uxío Novoneyra, contará coa presenza das Concelleiras de Xuventude, Rosana Rielo; de Cultura, Nuria Mundiña; de Economía e Emprego, Sonia Méndez e de Luisa Zarzuela, de Servizos Xerais. No acto de inaguración da exposición, que permanecerá no Centro ata o día 11 de marzo, poderá verse un vídeo realizado durante a Noite Aberta polos alumnos da Fundación TIC.

A empresaria Nora Real, Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais da Provincia de Lugo, e unha das promotoras da inciativa organiza, tras a inauguración da exposición, unha cena cocktail no Mesón de Alberto en agradecemento aos colaboradores desta iniciativa, o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo, a Fundación TIC, a Federación de Comercio, El Progreso e a Escola Ramón Falcón.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova