Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta un programa de Entroido 2011 con mais de 20 actividades e 10.000 euros en premios


# Xoves, 24/02/2011
O programa de entroido dará comezo o mércores día 2 de marzo e se prolongará ata o xoves día 10

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O pregón correrá a cargo dos Estoupacaldeiros, folk de taberna. Será o venres 4 de marzo ás 20.00 horas na Casa Consistorial

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron esta mañá a programación do Entroido 2011.

As Concelleiras salientaron a ampla variedade de actividades para todos os públicos, e animaron a toda a cidadanía a participar e disfrutar destas festas de entroido.



PROGRAMA DE ENTROIDO 2011


Mércores, 2 de marzo

18.00 h - No Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Festa de disfraces para nenos e nenas . Haberá xogos, música, baile, maquillaxe de Entroido e moita diversión!

Xoves, 3 de marzo

18.00 h - No Centro de Convivencia Fingoi, Festa de disfraces para nenos e nenas (con disfraces propios ou elaborados nun obradoiro os sábados 12, 19 e 26 de febreiro, centrados no tema da natureza, neste ano 2011 declarado pola ONU “Ano internacional dos bosques”). Haberá xogos, música, baile, maquillaxe de Entroido e moita diversión!

Venres, 4 de marzo

20.00 h - Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo dos Estoupacaldeiros, folk de taberna. A continuación, polas rúas da cidade, actuación das charangas Madia Leva e Os Trompos das Nicras .

23.00 a 00.30 h - No polideportivo da Piringalla, festa do Entroido de Xuventude no MAX. Máscaras sobre patíns (leva o teu disfraz).

Sábado, 5 de marzo

10.00 h - Na praza da Soidade Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada pola charanga Os Monfortinos.

17.00 h - Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá o grupo de tambores Tympanum). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello, antes das 14.30 horas do venres día 4 de marzo.

En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

PREMIOS

INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

17.00 a 20.00 h - Na praza Maior, obradoiros de Xuventude na rúa para nenos e nenas. Disfraces, máscaras, maquillaxe,…

20.30 h - Polas rúas da cidade actuación das charangas Os Amigos de Manolo e Aturuxo.

Domingo, 6 de marzo

16.30 h - No barrio de Montirón, Concurso de Disfraces, organizado pola AA.VV. Hnos. Pedrosa Francisco Norte.

17.00 a 20.00 h - Na Praza Maior, obradoiros de Xuventude na rúa para nenos e nenas. Disfraces, máscaras, maquillaxe…

18.00 a 20.30 h - No Centro de Convivencia Maruja Mallo, Baile de Entroido para maiores.

20.00 h - Polas rúas da cidade actuación das charangas Viño Branco e Dios te libre.

Luns, 7 de marzo

18.00 h - Na Praza Maior, tarde de baile coa orquestra Stereo.

20.30 h - Desde a Praza de Santa María actuación do Grupo de capoeira do profesor Indio con Los Batuqueros e polas rúas da cidade actuación da charanga Terra Chá e da batucada Axé.

21.30 h - Na Praza da Milagrosa, verbena coa orquestra Emperadores.

Martes, 8 de marzo

17.00 h - Gran Concurso de Disfraces (adultos)
Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Viño Branco). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 7 de marzo, ás 14 horas.

PREMIOS

INDIVIDUAL:
1º premio: 550 €
2º premio: 400 €
3º premio: 200 €
Tres premios de 150 €

PARELLAS:
1º premio: 700 €
2º premio: 600 €
3º premio: 500 €
Cinco premios de 200 €

COMPARSAS:
1º premio: 1.000 €
2º premio: 800 €
3º premio: 600 €
Sete premios de 300 €

17.00 a 20.00 h - Na praza Maior, obradoiros de Xuventude na rúa para nenos e nenas. Disfraces, máscaras, maquillaxe,….

18.00 a 20.30 h - No Centro de Convivencia María Balteira, Baile de Entroido para maiores.

20.00 h - Polas rúas da cidade actuación da charanga Viño Branco e da batucada Axé.

Mércores, 9 de marzo

18.00 a 20.30 h - No Centro de Convivencia Lamas de Prado, local de Trapero Pardo, Baile de Entroido para maiores.

20.00 h - Enterro da Sardiña.
Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes co seguinte percorrido: Praza Maior, rúa Conde Pallares, rúa da Cruz, praza do Campo, Rúa Nova, praza da Soidade, praza de Santo Domingo, rúa da Raíña, praza Maior (templete da música).

Xoves, 10 de marzo

14.00 h - No Centro de Convivencia A Milagrosa, Comida do Entroido.
Aberta a toda a poboación. Prezo 8 €. As inscricións faranse neste mesmo centro na primeira semana de marzo.

16.30 a 19.30 h - No Centro de Convivencia A Milagrosa, Baile para maiores.

DURANTE TODO O ENTROIDO

O Entroido Larpeiro. En establecementos que ofrecen menús de Entroido e tapas.
+ info: Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL).
982 226 912 ou http://www.eparacomerlugo.com

OS DÍAS 6, 7 E 8 DE MARZO

Na rúa peonil Divina Pastora, Feira de Artesanía do Entroido do barrio da Milagrosa.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova