Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Tarxeta Cidadá de Lugo poderá solicitarse a partir do 1 de abril


# Xoves, 24/02/2011
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a Tarxeta Cidadá, que poderá solicitarse a partir do día 1 de abril

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A solicitude poderá facerse a través do 010 ou na páxina web do Concello

A Tarxeta Cidadá ofrecerá a posibilidade de abonar o billete do bus urbano, pagar nos parquímetros do sistema ORA ou como sistema de identificación e abono dos servizos municipais

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe en rolda de prensa que a tarxeta cidadá poderá solicitarse a partir do vindeiro día 1 de abril.

A Tarxeta Cidadá, explicou a Concelleira de Servizos Xerais, “é un dispositivo intelixente multiservizo que nos permite identificarnos e facer uso dos servizos municipais dun modo rápido e sinxelo”. Deste xeito, sinalou Luisa Zarzuela, será posible aboar o billete de autobús urbano e do futuro transporte metropolitano, pagar os parquímetros do sistema ORA e tamén servirá como unha forma de identificación no acceso ás instalacións e para o aboamento de servizos municipais, como poden ser a reserva de pistas, bonos para piscina, etc. Progresivamente a tarxeta cidadá gañará versatilidade e sumará novas utilidades.

A Tarxeta Cidadá de Lugo dispón de dous moedeiros diferentes e independentes. O moedeiro de transporte, onde o diñeiro cargado servirá exclusivamente para o pagamento das viaxes nos autobuses urbanos do Concello e do futuro transporte metropolitano que xestione a Xunta, e o moedeiro de servizos municipais, onde o diñeiro depositado destinarase a aboamentos no resto de servizos municipais como os parquimetros do sistema ORA, os abonos de servizos de Deportes e os que posteriormente se incorporen ao sistema de xestión da tarxeta. Según sinalou a Concelleira, o saldo dos moedeiros serán de entre 5 e 60 euros para o moedeiro de transporte e de 5 a 180 euros para o moedeiro de servizos municipais. A recarga da tarxeta poderase realizar, en tramos de 5 en 5 euros, nas oficinas de NovaCaixaGalicia ou na rede de caixeiros automáticos de Caixa Galicia.

No caso de ter unha tarxeta de transporte, Luisa Zarzuela explicou que a Tarxeta Cidadá substituirá, no prazo dun ano, á tarxeta de transporte actual, que quedará sen efecto.


A Tarxeta poderá solicitala calqueira persoa interesada a través do teléfono 010 do Concello, onde ademais facilitarán información sobre a documentación que hai que achegar para a solicitude, ou dende a páxina web do Concello www.lugo.es. Deste xeito, explicou a Concelleira, os interesados obterán unha cita previa para recoller a súa tarxeta nas dependencias da Policía Local, onde xa existe unha ventanilla acondicionada para este trámite.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova