Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Asociación de Jóvenes Empresarios adhírese á petición de solo máis barato no polígono das Gándaras


# Xoves, 24/02/2011
O Alcalde e o Presidente da Deputación participaron hoxe nun almorzo de traballo cos xóvenes empresarios

A Asociación de Jóvenes Empresarios sumouse á petición de que se abarate o solo no parque empresarial das Gándaras nun almorzo de traballo que tivo lugar hoxe no CEI, no que participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro; e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

A necesidade de que a Xunta abarate o prezo de venda das parcelas no novo polígono de Lugo foi un dos temas que se abordou no encontro.

O Alcalde explicoulles ós xóvenes empresarios que o Concello defende a necesidade de que a Xunta diminúa cando menos nun 50% o prezo de venda do solo nas Gándaras que na actualidade está nunha media de 100 euros o metro cadrado.

López Orozco lembrou que o Concello lle vendeu ó IGVS o metro cadrado de solo a 10,02 euros , o mesmo prezo que lle pagaran os lucenses ó Ministerio de Defensa “non gañamos nin un euro porque non queríamos facer negocio”. En total a Xunta pagou por eses terreos, 1.413.722 metros cadrados, 14.000.000 de euros ós que hai que engadir os 19.338.875,64 euros nos que lle adxudicou a unha ute a urbanización da primeira fase do polígono.

López Orozco manifestou que este é un “grave problema” e considerou que “hai ganancias que non teñen sentido neste momento no que temos cerca de 8.000 lucenses no paro”. O Alcalde tamén indicou que para o Concello a creación de emprego ten que ser a prioridade neste momento.

No Almorzo de Negocios da AJE participaron o seu presidente, Santiago Seijas, da empresa Vitae, e representantes de Ecovame, Lustrum Abogados, Ceconsulting, Ittecno, Granxa Garabullos, Tecgal, AMS Lab, Aporta Innovaciones, Indesnor, Peter Schneider, FOB Arquitectura, Técnica Dental e Batitales.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova