Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde clausurou os cursos de informática para maiores no telecentro do Castiñeiro


# Xoves, 24/02/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, efectuou hoxe unha visita ós alumnos de cinco cursos de informática para maiores que se impartiron no telecentro do Castiñeiro.

O Alcalde animou ós participantes nestes cursos a continuar familiarizándose co uso das novas tecnoloxías e da internet. Díxolles que hoxe son unha ferramenta imprescindible para as comunicacións, a aprendizaxe e o funcionamento das empresas e comparou o cambio que introduciron na sociedade co que supuxo no seu día o invento da imprenta.

Esta mañá recibiron os diplomas acreditativos os participantes nos cursos realizados durante os meses de xaneiro e febreiro. Neles participaron 52 alumnos, todos eles adultos.

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, ten previsto continuar realizando durante todo o ano este tipo de cursos adicados a maiores.

Os cursos que se imparten no telecentro do Castiñeiro son os seguintes:

- Iníciate ao mundo da informática I (F1), cunha duración de dous meses.
- Iníciate ao mundo da informática II (F2), cunha duración de dous meses.
- Navega por Internet e utiliza os buscadores (I), cunha duración de un mes.
- Xestiona o teu e-mail (E), cunha duración de un mes.
- Avanzado (A), cunha duración de un mes.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova