Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visita as obras realizadas na rúa Illas Cíes


# Xoves, 24/02/2011
As obras, que estiveron rematadas cun mes de antelación, consistiron na renovación de beirarrúas e dos servizos de saneamento, luz e auga

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta tarde as obras realizadas na rúa Illas Cíes.

As obras efectuadas nesta rúa consistiron na renovación de beirarrúas e unha renovación dos servizos de saneamento, luz e auga. O presuposto da obra, financiada con fondos do Plan E, foi de 190.660 euros, e o seu prazo de execución de 5 meses, aínda que a obra estivo rematada cun mes de antelación, con comezo no mes de agosto e remate no pasado mes de decembro.

Segundo explicou o Concelleiro de Infraestruturas, as beirarrúas desta rúa atopábanse en mal estado e deterioradas, de forma que non resultaba suficiente o seu arranxo, e sendo necesaria unha remodelación completa. Así, aproveitouse para renovar as acometidas dos servizos como as de saneamento, solucionando un problema existente coas filtracións nalgúns baixos da rúa. Ademais, completouse a obra coa construción dun tramo de beirarrúa no comezo da rúa que antes non existía.

Segundo coincidiron en sinalar o Alcalde e o Concelleiro de Infraestruturas, xunto cos veciños que acudiron a esta visita, a obras efectuadas resultaban moi necesarias, e xunto coas obras xa rematadas na rúa Río Sil e Alexandre Bóveda, queda completo o tramo de vial.

FEIL (Plan E)

FEESL (2º Plan E)

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova