Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza da Soidade acollerá mañá un concerto a cargo de varios grupos da Casa da Música


# Venres, 25/02/2011


Este sábado día 26 de febreiro, a partir das 21.30 horas, varios dos grupos lucenses que ensaian na Casa da Música sacarán a súa música á rúa nun concerto no que se fusionarán diversas tendencias musicais, aínda que coa base común do rock.

Mythical Fail, Flash Band  Atup-Lekar e Ripper Ground farán soar os seus acordes na Praza da Soidade, a carón do Museo Provincial, con estilos que van dende o rock alternativo ata o methal.

Todos eles ofrecerannos un repertorio actual e xuvenil, cheo de ritmo e enerxía durante máis de dúas horas. Achégate a escoitalos.

Dende a Concellería de Xuventude, anímase a todos os lucenses a achegarse a escoitar unha interesante proposta musical a cargo de grupos da cidade.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova