Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello duplica as prazas para Alemán nas Casas das Linguas


# Luns, 28/02/2011
* As prazas pasan de ser 45 a 90, atendendo así todas as solicitudes
* As prácticas de este idioma lévanse a cabo en María Balteira e Estrada da Granxa


O Concello de Lugo, dende a área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, amplía o número de prazas para a práctica de alemán nas Casas das Linguas de María Balteira e Estrada da Granxa.

A comezos do mes de febreiro o Concello abriu o prazo de inscrición para a práctica do alemán obtendo unha gran aceptación e demanda por parte dos usuarios. Por poñer un exemplo, a Casa das Linguas de Estrada da Granxa cubriu, en tan só 20 minutos, as quince prazas ofertadas para iniciación ó alemán. Así, e ante a gran demanda existente, dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, duplícanse as prazas existentes, pasando de 45 a 90, de forma que todos os solicitantes, que se atopaban en lista de espera, poderán participar nestas prácticas de alemán. Ademais, tamén aumentan as horas, pasando de tres a cinco horas semanais.

A actividade, que dará comezo o martes, día 1 de marzo, terá o seguinte horario:

Estrada da Granxa: Luns de 20.00 a 21.00 horas, martes de 19.00 a 21.00 horas, xoves de 20.30 a 21.30 horas e venres de 20.00 a 21.00 horas.

María Balteira: Luns de 20.00 a 21.00 horas, martes de 20.00 a 21.00 horas, mércores de 20.00 a 21.00 horas, xoves de 20.00 a 21.00 e venres de 20.00 a 21.00 horas.

As dúas Casas das Linguas de Lugo suman así 401 alumnos que realizan prácticas de inglés, francés e agora tamén alemán. Ademais, no María Balteira, e dentro da programación de animación sociocultural, realízanse un curso de iniciación ó árabe, e na Casa das Linguas de Estrada da Granxa, un curso de chinés impartido pola Asociación Chéng Baô.

BLOG da Casa das Linguas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova