Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O venres día 4 de marzo empeza a selección do persoal que contratará o Concello baixo o Plan Lugo Emprega


# Luns, 28/02/2011
Os 2.055 admitidos realizarán os correspondentes exercicios o vindeiro venres día 4 de marzo no edificio da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo

As primeiras probas de selección para a contratación de persoal polo Concello de Lugo dentro do Plan Lugo Emprega, que puxo en marcha a Deputación Provincial de Lugo, terán lugar o vindeiro venres, día 4 de marzo, no edificio da Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo, sito na Avda. dos Deportes s/n.

Todos os aspirantes, un total de 2.055 admitidos, deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Dependendo das categorías, establécense os seguintes horarios para a realización dos exercicios correspondentes:

Peóns de servizos diversos: ás 9.00 horas
Ordenanzas: ás 11.00 horas
Delineantes: ás 12.30 horas
Especialistas informáticos/as: ás 12.30 horas
Auxiliares Administrativos: ás 16.00 horas
Dinamizadores/as: ás 17.00 horas
Técnicos/as medios: ás 18.00 horas

Grazas a este plan de fomento do emprego na provincia, o Concello recibirá 800.000 euros da Deputación, o que lle permitirá contratar 62 persoas durante seis meses. As prazas convocadas son 42 de peóns, 5 de auxiliares administrativos, 4 ordenanzas, 3 técnicos medios, 3 dinamizadores, 3 especialistas informáticos e 2 de delineantes.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova