Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Visita do Alcalde á rúa Río Cabe tralas obras de renovación dos servizos e do pavimento


# Luns, 28/02/2011
Con estas obras, que supuxeron un investimento de case 159.000 euros, remata a mellora nas rúas do barrio Feijóo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, efectuou hoxe unha visita á rúa Río Cabe, na que o Concello vén de renovar as redes de abastecemento e saneamento, así como o pavimento e as beirarrúas.

Este proxecto supuxo un investimento de 158.766 euros e o prazo de execución foi de catro meses.

O Alcalde salientou que con esta actuación “rematamos a mellora das rúas do barrio Feijóo, que consistiu no remozado de beirarrúas, pavimento e servizos”. Tamén dixo López Orozco que as obras nesta zona fixéronse co obxectivo que se marcou o Equipo de Goberno de “que os veciños dos barrios gocen dos mesmos servizos que teñen quenes viven no centro da cidade”.

A segunda fase das obras na rúa Río Cabe executouse no treito comprendido entre as rúas San Lorenzo e Perpetuo Socorro e financiouse con cartos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova