Imprimir

MAÑÁ É O ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE NO CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL


3/3/2011 As inscricións poden facerse no Departamento de Cultura do Concello ata mañá, venres día 4 de marzo, antes das 14.30 horas

O Gran Concurso de Disfraces Infantil terá lugar o sábado día 5 de marzo ás 17.00 horas na Praza da Soidade

Mañá, venres día 4 de marzo, será o último día para inscribirse no Gran Concurso de Disfraces Infantil, que terá lugar o sábado día 5 ás 17.00 horas na praza da Soidade e que discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello de Lugo, antes das 14.30 horas do venres día 4 de marzo.

En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks…. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

PREMIOS

INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros