Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá é o último día para inscribirse no Concurso de Disfraces Infantil


# Xoves, 03/03/2011
As inscricións poden facerse no Departamento de Cultura do Concello ata mañá, venres día 4 de marzo, antes das 14.30 horas

Imaxe Asociada
O Gran Concurso de Disfraces Infantil terá lugar o sábado día 5 de marzo ás 17.00 horas na Praza da Soidade

Mañá, venres día 4 de marzo, será o último día para inscribirse no Gran Concurso de Disfraces Infantil, que terá lugar o sábado día 5 ás 17.00 horas na praza da Soidade e que discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.

As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello de Lugo, antes das 14.30 horas do venres día 4 de marzo.

En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks…. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

PREMIOS

INDIVIDUAL:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros
2º premio: vale por lote de libros
3º premio: vale por lote de libros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova