Imprimir

A ONCE ENTRÉGALLE Ó CONCELLO UN CADRO QUE REPRODUCE O CUPÓN ADICADO Á MURALLA CON MOTIVO DO LUGO10


3/3/2011 O Alcalde reuniuse hoxe co Delegado da Once en Lugo

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe un cadro que reproduce o cupón da ONCE adicado á Muralla de Lugo con motivo do programa Lugo10 que conmemorou o décimo aniversario da declaración do monumento romano como Patrimonio Mundial.

A entrega do cadro produciuse nunha visita que efectuaron hoxe o Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, á Delegación da ONCE en Lugo, onde mantiveron unha reunión co seu responsable, Juan Leirós.

Leirós explicoulles a López Orozco e Basadre o funcionamento desta entidade na provincia de Lugo na que conta con 328 afiliados.


www.lugo10.es