Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A área de baño no río Miño terá catro pantaláns e contará con zona de baño infantil


# Xoves, 03/03/2011
* O Alcalde presentoulle o proxecto ó Vicepresidente primeiro da Deputación
* A creación da zona de baño no río suporá un investimento de 500.000 euros que achegará a Deputación


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presentoulle o proxecto para a creación dunha área de baño no río Miño ó Vicepresidente primeiro da Deputación provincial, Antón Bao, nunha reunión que mantiveron esta mañá no Concello.

O Alcalde destacou a importancia de que Lugo dispoña, por fin, dunha zona acondicionada para o baño no río e lembrou que a redacción deste proxecto é o cumprimento “dun compromiso asumido polo Equipo de goberno do Concello que responde á proposta feita polo BNG para darlle o seu apoio ós Orzamentos municipais deste ano”.

López Orozco explicou que agora “unha vez feito o proxecto, queda que a Deputación o licite no menor tempo posible” xa que, lembrou, a obra vaise financiar con “500.000 do millón de euros que lle corresponden ó Concello de Lugo do Plan Complementario posto en marcha pola Deputación para financiar obras nos concellos da provincia”.

O Vicepresidente primeiro da Deputación sinalou que grazas a este proxecto, financiado pola institución provincial, Lugo vai contar cunha dotación para o baño da que non dispón ata o de agora.

Bao tamén explicou que o proxecto consiste na creación de catro pantaláns, tres deles na zona dos Robles e outro, máis pequeno, a carón da nova pasarela do Miño. Indicou ademais que un vaise adecuar como zona de baño infantil.

O proxecto tamén contempla a creación de dous novos parques infantiis. Un deles será cuberto e instalarase a carón do Recinto Feiral e outro, que será máis pequeno, situarase nas proximidades da zona de baño, na que tamén haberá dous vestiarios.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova