Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde destaca a importancia do sindicalismo para facerlle fronte ós problemas do campo galego


# Venres, 04/03/2011
* López Orozco considera que o despoboamento é o principal problema da Galicia interior
* O Alcalde participou na inauguración do III Congreso Comarcal de UUAA


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, participou na inauguración do III Congreso comarcal de Unións Agracias que se celebrou hoxe en Lugo.

Na sesión inaugural do Congreso, á que tamén asistiu o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, o Alcalde referiuse ós problemas que afrontan os labregos e dixo que “o despoboamento da Galicia interior é un gravísimo problema polo que hai que conseguir que a xente nova atope no campo unha solución para o seu proxecto de vida”.

López Orozco tamén indicou que para buscar esas solucións “é necesario unirse e traballar en común”.

O Alcalde lembrou que Lugo é un Concello no que o 80% do territorio é rural e o feito de que “o urbano e o rural se mesturen constitúe un signo que nos define”. Tamén sinalou que nestes tempos de dificultades económicas “estamos sufrindo pero nas provincias e cidades como Lugo ese sufrimento e algo menor debido á existencia do campo”.

Para López Orozco, nesta situación económica “é máis necesario que nunca un sindicato que arroupe ós labregos” e considerou que Unións Agrarias “é un sindicato que coñece e defende os intereses da xente do campo caia quen caia”.

Tamén interviñeron no acto inaugural o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, e o Secretario Xeral da Unión Comarcal de UGT de Lugo, Ángel Tomé.

No Congreso participaron unhas 200 persoas, entre elas o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García. Os compromisarios elixiron a nova comisión executiva do sindicato agrario en Lugo a fronte da cal continúa como Secretario Xeral José Ángel Regueiro Real.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova