Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concurso de disfraces reuniu a centos de lucenses esta tarde na praza Maior


# Martes, 08/03/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, asistiu esta tarde, xunto con outros membros da Corporación, ó concurso de disfraces de adultos convocado polo Concello dentro do programa de actos do Entroido.

O acto central do Martes de Entroido congregou a centos de lucenses que disfrutaron do concurso de disfraces nunha tarde soleada.

Os gañadores dos premios foron os seguintes:

-Na modadidade individual:
1º premio, dotado con 550 euros, El camaleón robótico
2º premio, 400 euros, Orco, cazador de recompensas
3º premio, 200 euros, India chapera
E os accésits nesta modalidade, dotados con 150 euros, foron para Doña Macarroni, El Tirillas e O Avó e o Neto.

-Na modalidade de parellas:
1º premio, consistente en 700 euros, Interflora multicolor
2º premio, 600 euros, Reciclaje futurista
3º premio, 500 euros, Señor y Señora mantis
Os accésits, dotados nesta modalidade con 200 euros, foron para Cajas sorpresas, Las Gheisas, Pesca no Miño, Fantasía de Carnaval e Construíndo a Muralla.

-Na modalidade de comparsas:
1º premio, dotado con 1.000 euros, O conto de sempre
2º premio, 800 euros, Galicia calidade e Lugo aínda máis
3º premio, 600 euros, Las meninas salidas del cuadro,
E os accésits, que nesta modalidade tiñan unha dotación de 300 euros, foron concedidos a Apárcate de ahí, Comparsa San Vicente de Paúl, Payasos sin barreras, Os piratas, Los egipcios llegan a Lugo con su dios Anubis, Afogados na crise e Tambores por un sorriso.

O xurado do concurso de disfraces de adultos do Entroido 2011 estivo formado por Esther Muñoz Mella, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; Mª Carmen Lombao Ferreiro, presidenta da asociación Corazóns Artesáns, e a publicista Iria Álvarez Garrúes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova