Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arranca o Plan Director do río Miño coa sinalización e desbroce de 32,5 quilómetros de rutas de sendeirismo


# Luns, 07/03/2011
A Deputación iniciou hoxe os traballos de mellora o itinerario de máis de 14 quilómetros de Piago a Ombreiro e, o mércores, comezarán os das rutas do Rato e da Fervenza

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Este mes entrará en funcionamento a nova Estación Depuradora de Augas Residuais coa que se completa o ciclo do tratamento de auga no Concello de Lugo 
O organismo provincial aprobou o pasado venres o proxecto de construción da zona de baño e o parque infantil do Pazo de Feiras e Congreso, dotado con preto de 500.000 euros, e que desenvolven conxuntamente ambas as dúas administracións


Concello e Deputación arrancaron este luns o Plan Director do río Miño que puxeron en marcha ambas as dúas administracións e que ofrece ata unha trintena de posibilidades de ocio no río Miño ó seu paso polo municipio lucense, entroncando os de Outeiro de Rei e O Corgo. O organismo provincial, quen inviste no desenvolvemento desta iniciativa preto de 1 millón de euros, iniciou este luns os traballos de desbroce e sinalización que permitirán recuperar na súa totalidade a ruta de 14,1 quilómetros que vai do Piago a Ombreiro. O mércores, comezarán as obras de acondicionamento dos outros dous itinerarios previstos polo Plan: o que vai de Lugo á Fervenza e o do río Rato. En total, dentro desta iniciativa, o organismo provincial recuperará 32,5 quilómetros correspondentes ás tres rutas existentes na cidade.

Asimesmo, este mes entrará en funcionamento a nova Estación Depuradora de Augas Residuais coa que se completa o ciclo do tratamento de auga no Concello de Lugo. A nova infraestrutura, que mellorará a calidade da auga no río, ten un presuposto de 42 millóns de euros. O Concello tamén está a traballar no proxecto de rehabilitación da Ponte Romana, logo de que a entidade local adxudicase hai unhas semanas unha asistencia técnica e asesoramento na redacción do proxecto á emprega galega E.I.C Durán. O Ministerio de Fomento achegará unha partida para rehabilitar esta infraestrutura con fondos 1% cultural.

Asimesmo, o pasado venres a Xunta de Goberno da Deputación aprobou o proxecto de construción dos 4 pantaláns, que se situarán na zona dos Robles, e do parque infantil do Pazo de Feiras e Congresos por valor de 423.855 euros.

Complexo multidisciplinar do Hotel Miño
Co obxectivo de seguir desenvolvendo o Plan Director, a Deputación continúa coas obras do Complexo Multidisplicinar do río Miño. Neste caso, xa foi rehabilitado o edificio número 2 polos 10 traballadores do Servizo de Mantemento que se instalarán nestas dependencias, así como o Arquivo Provincial, no que traballarán 14 persoas grazas ó Lugo Emprega. Aproveitando este contorno privilexiado e logo de que a Xunta de Galicia non aceptase o ofrecemento para transformalo na Escola de hostelería, tal e como demandaba a Asociación Provincial de Turismo, convertirase o antigo Hotel nun complexo multidisciplinar vinculado ás Reservas da Biosfera e ó aforro de enerxía. O complexo acollerá os órganos destes espazos naturais cuxo regulamento se aprobou o pasado mes de xaneiro, e a Axencia Provincial da Enerxía, hoxe case sen espacio no INLUDES e no que xa están a traballar 4 persoas. O Ministerio de Medio Ambiente achegará 250.000 euros para financialo, dous terzos do total, grazas a un novo programa de economía medioambiental que vén de conseguir a Deputación. Para a rehabilitación do novo edificio, aplicaranse diversas medidas de aforro como placas solares fotovoltaicas.

Outras posibilidades do río
O Plan Director, ademais de poñer en valor as ribeiras dos ríos Miño e Rato, ofrecerá os cidadáns outras positibilidades de ocio como pescar sen barreiras na Illa Seivane. Nas instalacións da antigua potabilizadora crearase un museo dos usos da auga e unha escola de pesca na antiga potabilizadora. Asimesmo, na zona lindeira coas casas da Calzada da Ponte, entre o regato que baixa do Carme e desemboca no Miño e as traseiras da Calzada da Ponte, habilitarase un espazo para os cans, de grandes dimensións para que teñan un lugar seguro no que xogar sen causar molestias.

A Deputación tamén repetirá este ano as actividades lúdico-medioambientais “Lugoteando”, que permitirón ós lucenses facer actividades no río nunca antes vistas na provincia. Na zona do Rato, instalaranse 100 puntos de luz de baixo e con mínimo impacto paisaxístico. O Plan tamén permitirá dinamizar os centros de aves e de cestaría, que xestiona o organismo provincial, ou desfrutar do parque dos paxariños periurbano do río Fervedoira, a zona da Chanca ata Frias e o parque de Paradai. No Sagrado Corazón, o Concello acometerá a instalación de ascensores para mellorar a accesibilidade do barrio. A futura Estación Intermodal, que vai supor un investimento de 771.000 euros, tamén impulsará esta parte da cidade, xa que a ela chegará o AVE e modernizará definitivamente as comunicacións de Lugo co resto do mundo. Tamén será un elemento dinamizador do barrio da Estación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova