Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de abastecemento de auga acorda construir un depósito para auga reutilizada no Ceao


# Luns, 07/03/2011
O Alcalde e o Director Xeral de Acuanorte presidiron a reunión que celebrou a Comisión no Concello


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xeral de Acuanorte, Juan Carlos Martín Fragueiro, presidiron hoxe a reunión que celebrou a Comisión de seguemento do plan de abastecemento de auga a Lugo.

A reunión celebrouse este mediodía no Concello e tamén participaron nela o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, e técnicos do Concello e da Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte, dependente do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino.

A comisión de seguemento reuniuse para avaliar a marcha das duas fases do plan de abastecemento de auga a Lugo, tal como establece o Convenio asinado entre as dúas administracións.

No encontro tratouse sobre o funcionamento da Estación de Tratamento de Auga Potable de Lugo, xa executada, e tamén se acordaron unha serie de melloras na execución da segunda fase do plan. Estas melloras consisten na reparación do depósito do Ceao e a construcción dun depósito para auga reutilizada tamén no Ceao.

A primeira actuación consistirá na substitución da cuberta do actual depósito e a segunda será para facer acopio de auga non potable con destino ó rego. Nos dous casos, as melloras faranse sen máis achega económica por parte do Concello.

A comisión tamén avaliou a marcha das obras enmarcadas na segunda fase do plan, que se están a executar segundo os prazos previstos, de xeito que estarán rematados a finais do mes de agosto.

A segunda fase do abastecemento de auga a Lugo ten un presuposto de 8.699.000 euros, dos que o Concello aporta 2.829.000 para a construcción das seguintes infraestruturas:

-creación dun segundo depósito de auga en Penarrubia con capacidade para 25.000 metros cúbicos de auga e dunha conducción de 600 mm. de diámetro que irá desde o depósito da Piringalla ó deposito actual do Ceao.

-completar o sistema de auga rexenerada para os servizos de limpeza de rúas e rego de parques e xardíns, mediante unha conducción de 200 mm. desde a beira esquerda do río Miño ata o depósito do Ceao.

-rehabilitar o depósito da Piringalla para auga rexenerada.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova