Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos


# Luns, 07/03/2011
A mostra abrirá as súas portas o mércores día 9 de marzo e permanecerá no centro ata o venres 25 de marzo.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, achega ata o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha exposición de artesanía, labores e encaixe de palillos.

A mostra, situada na Sala A do Centro, poderá visitarse de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas. A exposición contará coa presenza de dúas monitoras que realizarán labores e encaixe. Ademais, estarán a disposición dos visitantes para aclaralles as posibles dúbidas e explicarlles os distintos procesos na eleboración das pezas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova