Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o programa de Animación á Lectura na Biblioteca Municipal


# Mércores, 09/03/2011
O escritor Santiago Jaureguizar amosará aos mais cativos cómo se crea un conto

“Ti contas” desenvolverase este xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Muncipal


A Biblioteca Municipal acollerá mañá xoves, día 10 de marzo, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura, que se está a desenvolver ao longo do primeiro trimestre do ano.

Será a partir das 19.00 horas, cando o escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, de comezo a actividade “Ti contas”, unha aprendizaxe sobre cómo se crea un conto (argumento, estructura, personaxe, ritmo, plasticidade, etc…) nunha sesión de claro enfoque práctico no que se usan pintura, música, internet e mesmo alimentos. Esta actividade está recomendada para nenos e nenas maiores de seis anos.

Estas sesións son gratuítas e celébranse os xoves ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) estableceuse un sistema de entrega de tarxetas dende os días iniciais da semana da actuación. Para esta actividade aínda poden recollerse as invitacións na propia Biblioteca.

Este programa, dirixido especialmente aos máis pequenos, pretende fomentar o hábito lector a través da transmisión de relatos feito por contadores profesionais e por debuxantes, xornalistas e magos que fan chegar as historias aos ollos e oídos máis pequenos rodeados de fantasía.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova