Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Novo encontro dixital co Alcalde dende o Telecentro Rural de Castelo


# Luns, 07/03/2011
Dende o despacho de Alcaldía, José López Orozco respostará ás preguntas plantexadas polos veciños e veciñas que se acheguen ata o Telecentro Rural de Castelo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá esta tarde o seu encontro dixital mensual cos internautas e cos veciños e veciñas que asistan ao Telecentro Rural de Castelo, que lle poderán plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes dende o propio Telecentro.

O acto terá lugar ás 18.00 horas no Telecentro Rural de Castelo, que está situado na antiga escola desta parroquia e está prevista a asistencia dunha vintena de veciños e veciñas de Castelo e de varias parroquias próximas.

Esta actividade está incluída no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova