Imprimir

NOVO ENCONTRO DIXITAL CO ALCALDE DENDE O TELECENTRO RURAL DE CASTELO


7/3/2011 Dende o despacho de Alcaldía, José López Orozco respostará ás preguntas plantexadas polos veciños e veciñas que se acheguen ata o Telecentro Rural de Castelo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, manterá esta tarde o seu encontro dixital mensual cos internautas e cos veciños e veciñas que asistan ao Telecentro Rural de Castelo, que lle poderán plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes dende o propio Telecentro.

O acto terá lugar ás 18.00 horas no Telecentro Rural de Castelo, que está situado na antiga escola desta parroquia e está prevista a asistencia dunha vintena de veciños e veciñas de Castelo e de varias parroquias próximas.

Esta actividade está incluída no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.